Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

7.Pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de clases pasivas

Normativa:Art.º 7.g) Lei IRPF

Están exentas as pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de clases pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que tiver sido causa destas inhabilitar por completo o perceptor da pensión para toda profesión ou oficio.

Téñase en conta que de acordo co previsto na Orde da Presidencia de Goberno do 22 de novembro de 1996, pola que se establece o procedemento para a emisión dos ditames médicos para os efectos do recoñecemento de determinadas prestacións de Clases Pasivas (BOE do 23), nos supostos de xubilación por incapacidade permanente para o servizo, debe constar se a lesión ou proceso patolóxico do funcionario, ademais de incapacitalo para as funcións propias do seu Corpo, lle inhabilita por completo para toda profesión ou oficio e, no seu caso, se necesita a asistencia doutra persoa para a realización dos actos máis esenciais da vida.