Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

25.Prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo, para coidados no ámbito familiar e de asistencia personalizada

Normativa:Art.º 7.x) Lei IRPF

Están exentas as prestacións económicas publicas vinculadas ao servizo, para coidados no ámbito familiar e de asistencia personalizada que se derivan da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE do 15).

Véxase o Real Decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE do 31), modificado por Real Decreto 291/2015, do 17 de abril (BOE do 1 de maio).Véxase tamén a disposición transitoria décima do Real Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade (BOE do 14) que fixa as contías máximas das prestacións económicas por coidados no ámbito familiar, de asistencia persoal e da prestación vinculada ao servizo.