26. Ingreso mínimo vital, renda mínima de inserción e axudas vítimas de delitos violentos e de violencia de xénero
Normativa: Art. 7.y) Lei IRPF
Están exentas:
-
Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, a prestación da Seguridade Social do Ingreso Mínimo Vitalel regulado no Real Decreto-lei 20/2020, do 29 de maio.
-
As prestacións económicas establecidas polas Comunidades Autónomas en concepto de renda mínima de inserción para garantir recursos económicos de subsistencia ás persoas que carezan deles , así como as demais axudas establecidas por estas ou por entidades locais para atender, de acordo coa súa normativa, a colectivos en risco de exclusión social, situacións de emerxencia social, necesidades habitacionais de persoas sen recursos ou necesidades de alimentación, escolarización e demais necesidades básicas de menores ou persoas con discapacidade cando eles ou persoas ao seu cargo, carezan de medios económicos suficientes
Límite conxunto: e n todos estes casos (ingreso mínimo vital e prestacións económicas que se relacionan no punto segundo) a exención acada ata un importe máximo anual conxunto de 1,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (para o ano 2020 o importe máximo é de 11.279,39 euros).
A contía anual do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM) é de 7.519,59 euros, de acordo co previsto na disposición adicional centésima décima novena da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (BOE do 4) xa que os devanditos orzamentos foron prorrogados para 2020.
- Así mesmo as axudas concedidas ás vítimas de delitos violentos a que se refire a Lei 35/1995, do 11 de decembro, de axudas e asistencia ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual, e as axudas previstas na Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xero, e demais axudas públicas satisfeitas a vítimas de violencia de xénero por tal condición.