Delimitación positiva do feito impoñible
Normativa: Art. 6 Lei IRPF
Constitúe o feito impoñible do IRPF a obtención de renda polo contribuínte cuxos compoñentes son os seguintes:
- Os rendementos do traballo.
- Os rendementos do capital.
- Os rendementos das actividades económicas.
- As ganancias e perdas patrimoniais.
- As imputacións de renda establecidas por lei.
Non obstante, para os efectos da determinación da base impoñible e do cálculo do IRPF, a renda clasifícase en xeral e do aforro .
Por expresa disposición legal, presúmense retribuídas, agás proba en contrario, as prestacións de bens, dereitos ou servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo ou do capital.