Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Compensación para contratos de arrendamento anteriores a 9 de maio de 1985

Normativa: Disposición transitoria terceira Lei IRPF

Na determinación dos rendementos do capital inmobiliario derivados de contratos de arrendamento asinados con anterioridade ao 9 de maio de 1985, que non gocen do dereito á revisión de renda do contrato, incluirase adicionalmente como gasto deducible, mentres subsista esta situación e en concepto de compensación, a cantidade que corresponda á amortización do inmoble.Así pois, nestas situacións, poderá computarse dúas veces o gasto de amortización:unha vez como gasto fiscalmente deducible conforme ás regras de determinación do rendemento neto derivado de inmobles arrendados anteriormente comentadas, e outra vez, en concepto de compensación.