Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Exemplo:Minoración por incentivos ao emprego

Don A.A.A. desenvolve a actividade de restaurante de dous garfos, epígrafe 671.4 do IAE .

Durante o exercicio 2019, traballaron na actividade 3 empregados con contrato fixo e a xornada completa, cada uns dos cales totalizou 2.000 horas/ano.No mes de xuño, contratouse por un período de 6 meses un aprendiz que totalizou 1.020 horas de traballo.

No exercicio 2020 a situación do equipo foi a seguinte:

  • Permanecen na empresa os 3 empregados con contrato fixo, realizando a mesma xornada laboral anual que no ano anterior.Non obstante, como consecuencia de non computar como período en que se ha ejercico a actividade os días en que estivo declarado o estado de alarma no primeiro semestre de 2020, as horas de traballo efectivo foron 1.460 horas/ano.
  • O 2 de xaneiro, contratouse por tempo indefinido a un traballador que totalizou 1.460 horas/ano (tendo en conta os dias non computables en que estivo declarado o estado de alarma no primeiro semestre de 2020).
  • O día 1 de agosto, contratáronse temporalmente por un período de 6 meses a 2 novos empregados, cada uns dos cales totalizou 500 horas/ano de traballo.

Determinar a minoración por incentivos ao emprego correspondente ao exercicio 2020, supoñendo que o número de horas anuais establecidas no correspondente convenio colectivo é de 1.800.

Solución:

1.Determinación do coeficiente por incremento do número de persoas asalariadas.

  1. Incremento do número de persoas asalariadas en 2020 respecto de 2019 en termos absolutos:

    • Persoas asalariadas no ano 2019:4 persoas
    • Persoas asalariadas no ano 2020:6 persoas
    • Incremento do número de persoas asalariadas:2 persoas
  2. Incremento do número de unidades do módulo "persoal asalariado" en 2020 respecto de 2019:

    • Número de unidades do módulo "persoal asalariado" en 2019.
      (3 x 2.000/1.800) + (60% s/1.020/1.800) =3,33 + 0,33 =3,66 persoas
    • Número de unidades do módulo "persoal asalariado" en 2020
      (4 x 1.460/1.800) + (2 x 500/1.800) =3,24 + 0,55 =3,79 persoas
    • Incremento do número de unidades: 3,79 – 3,66 =0,13 persoas

Ao cumprirse ambos os dous requisitos, a diferenza positiva entre o número de unidades do módulo "persoal asalariado" de 2020 respecto de 2019 multiplicarase por 0,40.

Coeficiente por incremento do número de persoas asalariadas:0,40 x 0,13= 0,052

2.Determinación do coeficiente por tramos do número de unidades do módulo "persoal asalariado", excluída a diferenza positiva sobre a que se aplicou o coeficiente 0,4 anterior.

Total 3,66 0,532
TramoPersoal asalariadoCoeficiente por tramoTotais
Ata 1,00 1 0,10 0,10
Entre 1,01 e 3,00 2 0,15 0,30
Entre 3,01 e 5,00 0,66 0,20 0,132

3.Coeficiente de minoración:0,052 + 0,532 = 0,584

4.Importe da minoración por incentivos ao emprego.

É o resultado de multiplicar o rendemento anual por unidade antes de amortización do módulo "persoal asalariado" (3.709,88) polo coeficiente de minoración (suma do coeficiente por incremento do número de asalariados máis o coeficiente por tramos:0,584).É dicir, 3.709,88 x 0,584 =2.166,57 euros.