Índice corrector para empresas de pequena dimensión
Normativa:Instrución 2.3 b.1) da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).
Este índice corrector resulta aplicable ás empresas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que o titular da actividade sexa persoa física.
- Que exerza a actividade nun único local.
- Que non dispoña de máis dun vehículo afecto á actividade e este non supere os 1.000 kg de capacidade de carga.
- Que en ningún momento do ano 2020 tivese máis de dúas persoas asalariadas na actividade.
Concorrendo estes requisitos, a contía do índice corrector será a que, en función do número de persoas asalariadas e, no seu caso, a poboación do municipio en que se exerce a actividade, se indica a continuación:
Se a actividade se exerce sen persoal asalariado:
Poboación do municipio no que se exerce a actividade Índice aplicable Ata 2.000 habitantes 0,70 De 2.001 ata 5.000 habitantes 0,75 Máis de 5.000 habitantes 0,80 Cando, por exercerse a actividade en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun índice dos anteriormente sinalados, aplicarase un único índice, que será o correspondente ao municipio de maior poboación.
Se a actividade se exerce con persoal asalariado, ata un máximo de dous traballadores, aplicarase o índice 0,90 calquera que sexa a poboación do municipio no que se desenvolva a actividade.