2. Redución para actividades económicas desenvolvidas no termo municipal de Lorca: 20 por 100
Normativa: Disposición adicional cuarta da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).
Unha vez aplicada a redución anterior e, unicamente para aqueles contribuíntes que desenvolvan a súa actividade económica no termo municipal de Lorca e determinen o rendemento neto da devandita actividade polo método de estimación obxectiva, poderase reducir o rendemento neto de módulos de 2020 correspondente a tales actividades nun 20 por 100. A redución deberase consignar no recadro [1476] da declaración.