Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

3.2 Outras causas de exclusión do método de estimación obxectiva

Ademais dos límites cuantitativos excluíntes, son causas de exclusión do método de estimación obxectiva as seguintes:

a. Desenvolver a actividade económica, total ou parcialmente, fóra do territorio español

Normativa:Art.º 32.2 c) Regulamento IRPF.

b. Determinar o rendemento neto dalgunha actividade económica en método de estimación directa, en calquera das súas modalidades

Normativa:Arts.34.2 e 35 Regulamento IRPF.

Non obstante, cando se inicie durante o ano algunha actividade non incluída ou pola que se renuncie ao método de estimación obxectiva, a exclusión non producirá efectos para ese ano respecto das actividades que viñan realizándose con anterioridade, senón a partir do ano seguinte.

c. A exclusión do réxime especial simplificado do IVE ou do IGIC

Normativa.Art. 36.2 e 4 Regulamento IRPF.

A exclusión do réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido ou do Imposto Xeral Indirecto Canario supoñerá a exclusión do método de estimación obxectiva por todas as actividades económicas exercidas polo contribuínte.