Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Táboa de amortización

A determinación das cantidades que, en concepto de amortización do inmobilizado material ou intanxible afecto á actividade correspondan á depreciación efectiva que sufran os distintos elementos afectos por funcionamento, uso, desfrute ou obsolescencia, efectuarase aplicando a táboa de amortización incluída na Orde HAC /1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30), que se reproduce a continuación:

GrupoDescriciónCoeficiente lineal máximo (*)Período máximo
(*) Para as adquisicións de activos novos realizadas entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2004, os coeficientes de amortización lineal máximos aplicables serán o resultado de multiplicar por 1,1 os sinalados no cadro.O novo coeficiente así determinado será aplicable durante a vida útil dos activos novos adquiridos no período antes indicado.(Volver)
1 Edificios e outras construcións 5 por 100 40 anos
2 Útiles, ferramentas, equipos para o tratamento da información e sistemas e programas informáticos 40 por 100 5 anos
3 Batea 10 por 100 12 anos
4 Barco 10 por 100 25 anos
5 Elementos de transporte e resto de inmobilizado material 25 por 100 8 anos
6 Inmobilizado intanxible 15 por 100 10 anos
7 Gando vacún, porcino, ovino e caprino 22 por 100 8 anos
8 Gando equino e froiteiros non cítricos 10 por 100 17 anos
9 Froiteiros cítricos e viñedos 5 por 100 45 anos
10 Oliveiral 3 por 100 80 anos

Importante: no caso de actividades forestais, non procederá aplicar minoración ningunha en concepto de amortización do inmobilizado material e intanxible afecto a estas.