Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Índice 1.Utilización exclusiva de medios de produción alleos en actividades agrícolas

Aplicarase o índice 0,75 cando no desenvolvemento das actividades agrícolas se utilicen exclusivamente medios de produción alleos, sen considerar, para estes efectos, o chan.

Enténdense como medios de produción alleos tanto o traballo coma o capital, a excepción da terra e dos elementos adheridos a ela de forma permanente como os pozos, árbores e construcións que formen parte da explotación.Polo tanto, para que resulte aplicable este índice corrector, o titular non debe traballar persoalmente na actividade (salvo en tarefas propias de dirección, organización e planificación desta) senón que empregar integramente man de obra allea;ademais, todos os elementos da explotación distintos da terra nos termos anteriormente comentados deben ser achegados por terceiros.

Por excepción, non se aplicará este índice nos casos de parzaría e figuras similares.