C. Deducción por produción de determinados espectáculos en vivo (art. 36.3 LIS)
Beneficiarios da dedución
Desde o 1 de xaneiro de 2021 permítese aplicar esta dedución, ademais da os contribuíntes que realicen a produción e exhibición de determinados espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais (produtores ), aos contribuíntes, empresarios ou profesionais que participen no financiamento destas producións realizadas por outro contribuínte (investidores ), nos termos expostos no apartado correspondente á dedución por investimentos en producións cinematográficas e series audiovisuais españolas do art. 36.1 LIS.
Importante : para que o investidor poida ser beneficiario desta dedución cómpre que subscriba co produtor un contrato de financiamento e que ambos os dous comuniquen á Administración tributaria con anterioridade á finalización do período impositivo en que se xere a dedución esta circunstancia, achegando tanto o contrato de financiamento subscrito como as certificacións do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 36.1 para a aplicación da dedución.
Para realizar esta comunicación regulada en art. 39.7 LIS creouse a xestión "Presentación de comunicación regulada no art. 39.7 LIS” na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Porcentaxe de dedución
Os gastos realizados na produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais terán unha dedución do 20 por 100.
Base de dedución
A base da dedución estará constituída polos custos directos de carácter artístico, técnico e promocional incorridos nas referidas actividades.
Esta base desta dedución minorarase no importe das subvencións recibidas para financiar os gastos que xeren o dereito á mesma.
Importe máximo da dedución
A dedución xerada en cada período impositivo non poderá superar o importe de 500.000 euros por contribuínte.
Non obstante, no caso do investidor , aínda que pode aplicar a dedución sobre as achegas desembolsadas en cada período impositivo nas mesmas condicións que se se a aplicase o produtor, o importe máximo da mesma non poderá superar, en termos de cota, o resultado de multiplicar por 1,20 o importe das cantidades por el desembolsadas para o financiamento daquela . O exceso poderá ser aplicado polo produtor.
Atención: a acreditación da dedución polo investidor será incompatible, total ou parcialmente, coa dedución á que tería dereito por parte do produtor.
En resumo:
Porcentaxe de dedución | Importe máximo | Base de dedución | ||
---|---|---|---|---|
20% | 500.000 € por cada produción realizada Sen que supere o 80% dos gastos |
Custos directos de carácter artístico, técnico e promocional incorrido. |
Requisitos
Os requisitos necesarios para a aplicación da dedución son:
-
Que o contribuínte obtivese un certificado para ese fin, nos termos que se establezan por orde ministerial, do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música.
Véxase ao respecto a Orde ECD/2836/2015, do 18 de decembro, pola que se regula o procedemento para a obtención do certificado do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, previsto na Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.
-
Que, dos beneficios obtidos no desenvolvemento destas actividades no exercicio en que se xere o dereito á dedución, o contribuínte destine polo menos o 50 por 100 á realización de actividades que dan dereito á aplicación da dedución prevista neste apartado.
O prazo para o cumprimento desta obriga será o comprendido entre o inicio do exercicio en que se obtivesen os referidos beneficios e os 4 anos seguintes ao peche do devandito exercicio.
Límite
O importe da dedución, canda as subvencións percibidas polo contribuínte, non poderá superar o 80 por 100 dos devanditos gastos.
Período impositivo en que se aplica a dedución
Debemos distinguir, segundo o beneficiario da dedución, dous momentos:
-
Produtor
O produtor non poderá aplicar ata que obteña o certificado do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música que se esixe. Unha vez obtido aplicarase a dedución polos gastos que realice en cada período impositivo na produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais.
-
Investidor
A diferenza do produtor, o contribuínte que participe no financiamento da produción aplicará anualmente a dedución en función das achegas desembolsadas en cada período impositivo.