Por discapacidade de ascendentes ou descendentes
Normativa: Art. 5 e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias.
Contía da dedución
300 euros por cada ascendente ou descendente cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 por 100, que xere o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.
Requisitos e outras condicións da dedución
-
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere :
-
Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do mínimo por ascendentes, descendentes e discapacidade contida na Lei do IRPF.
Non obstante, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por ascendentes, descendentes e discapacidade.
-
Nos casos de tributación conxunta, a dedución aplicable por descendentes con discapacidade será sempre esta e non a dedución por discapacidade do contribuínte.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible coa dedución por discapacidade do contribuínte respecto dunha mesma persoa.
En consecuencia, os descendentes con discapacidade que integren a unidade familiar xerarán dereito en tributación conxunta á aplicación da dedución por discapacidade de descendentes e non á dedución por discapacidade do contribuínte.
Nos supostos en que o ascendente sexa unha persoa maior de 75 anos cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 por cento, aplicarase esta dedución e non a establecida “Por coidado de ascendentes maiores de 75 anos".