Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

11. Recompra de elementos patrimoniais que orixinasen perdas computadas na declaración

Normativa: Art. 73.2 Regulamento IRPF

Nos supostos previstos no artigo 33.5, letras e) e g) da Lei do IRPF, cando o contribuínte realice a adquisición dos elementos patrimoniais ou dos valores ou participacións homoxéneas non admitidos a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros e pola que se modifican a Directiva 2002/92/CE e a Directiva 2011/61/UE,  con posterioridade á finalización do prazo regulamentario de declaración do período impositivo en que computou a perda patrimonial derivada da transmisión, deberá regularizar a súa situación tributaria.

Véxase, dentro do   Capítulo 11, o tratamento das perdas patrimoniais derivadas de transmisións de elementos patrimoniais cando se volvan a comprar nun determinado prazo os mesmos elementos ou, no suposto de transmisión de valores ou participacións, cando se adquiran valores ou participacións homoxéneas.

Para iso, deberá presentar a correspondente autoliquidación complementaria, con inclusión dos xuros de mora, no prazo que media entre a data en que se produza a adquisición e a finalización do prazo regulamentario de declaración correspondente ao período impositivo en que se realice a recompra do elemento patrimonial.

Atención: se a declaración complementaria responde a esta circunstancia o contribuínte deberá marcar cunha "X" o recadro [121] do apartado "Declaración complementaria" da  declaración.