Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

e. Primas de seguros

Debe incluírse dentro deste concepto as cantidades satisfeitas en concepto de primas de seguros, agás as que se refiren ao per­sonal da empresa.

Ademais, para os efectos de determinar as cantidades deducibles ten que terse en conta a seguinte regra especial do IRPF por gastos por primas de seguro de enfermidade que comentamos a continuación.

Especialidades no IRPF dos gastos por primas de seguro de enfermidade do contribuínte e a súa familia

Normativa: Art. 30.2.5ª.a)  Lei IRPF

De acordo co artigo 30.2.5ª.a)  da Lei do IRPF teñen a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto en  estimación directa, as primas de seguro de enfermidade satisfeita polo contribuínte na  parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de vinte e cinco  anos que convivan con el.

No caso de fillos con discapacidade non se prevé ningunha excepción á idade, polo que cómpre que convivan co contribuínte e que teñan menos de 25 anos.

O límite máximo de dedución será de:

  • 500 euros por cada unha das persoas sinaladas anteriormente
  • 1.500 euros por cada unha delas con discapacidade