Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Actividade de transporte por autotaxis (epígrafe IAE: 721.2)

Normativa: Instrución 2.3 a.2) Orde HFP/1335/2021, do 1 de decembro (BOE do 2 de decembro).

Poboación do municipio en que se exerce a actividadeÍndice aplicable
Ata 2000 habitantes 0,75
De 2001 ata 10.000 habitantes 0,80
De 10.001 ata 50.000 habitantes 0,85
De 50.001 ata 100.000 habitantes 0,90
Máis de 100.000 habitantes 1,00

Cando, por exercerse a actividade de transporte por autotaxis en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun índice dos anteriormente sinalados, aplicarase un único índice, que será o correspondente ao municipio de maior poboación.

Teñase en conta que a Resolución do Tribunal Económico-administrativo Central (TEAC) do  20 de  setembro de 2022, Reclamación número 00-09398-2021, recaída en  recurso extraordinario de alzada para a unificación de criterio, sinalou que a actividade económica de alugamento de vehículo con condutor a través dunha licenza VTC compréndese no Epígrafe 721.2 do IAE, baixo o título "Transporte por autotaxis" e, por iso,  considérase incluída  no  método  de estimación obxectiva do IRPF.