Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Regras particulares para a aplicación da táboa de amortización

Normativa:Instrucións 2.2 dos Anexos I e II Orde  HFP/1335/2021, do 1 de decembro (BOE  do 2 de decembro)

  • O coeficiente de amortización utilizable pode ser calquera porcentaxe entre o máximo e o mínimo. Esta última porcentaxe é o resultado de dividir 100 entre o período máximo que figura na táboa para cada grupo de elementos.

  • O coeficiente de amortización aplícase sobre o prezo de adquisición ou custo de produción, se o elemento foi producido na propia empresa, excluíndo:
    • O valor residual, se é o caso, para todos os elementos.

    • O valor do solo para as edificacións. Cando non se coñeza a parte do prezo de adquisición correspondente ao valor do solo, este valor determinarase rateando o prezo de adquisición entre os valores catastrais do solo e da construción no ano de adquisición.

    • O IVE soportado na súa adquisición ou produción cando o ben se afecte a unha actividade económica incluída no réxime simplificado do citado Imposto.

  • A amortización deberá practicarse elemento por elemento, aínda que cando se trate de elementos patrimoniais integrados no mesmo grupo da Táboa de Amortización, a amortización poderá practicarse sobre o conxunto deles , sempre que en todo momento poida coñecerse a amortización correspondente a cada elemento patrimonial.

  • L vos elementos patrimoniais do inmobilizado material empezarán a amortizarse desde a súa posta en condicións de funcionamento e os do inmobilizado intanxible desde o momento en que estean en condicións de producir ingresos. O período de amortización non pode exceder do período máximo de amortización establecida na táboa para cada tipo de elementos.

  • Tratandose de elementos patrimoniais do inmobilizado material que se adquiran usados, a amortización efectuarase sobre o prezo de adquisición, ata o límite resultante de multiplicar por dous a cantidade derivada de aplicar o coeficiente de amortización lineal máximo.

  • No suposto de cesión de uso de bens con opción de compra ou renovación, cando polas condicións económicas da operación non existan dúbidas razoables de que se exercitará unha ou outra opción, será deducible, para o cesionario, en concepto de amortización, un importe equivalente ás cotas de amortización que corresponderían aos citados bens, aplicando os coeficientes previstos na táboa de amortización sobre o prezo de adquisición ou custo de produción do ben.

  • Con respecto aos elementos do inmobilizado material novo, postos a disposición do contribuínte no exercicio  2022  cuxo valor unitario non exceda de 601,01 euros poderán amortizarse libremente, ata o límite de 3.005,06 euros anuais.

  • En todo caso, deberá disporse dos xustificantes documentais da adquisición dos elementos amortizables e que os mesmos consten debidamente rexistrados no correspondente libro rexistro de bens de investimento.