Réxime transitorio aplicable ás ganancias patrimoniais derivadas de elementos patrimoniais adquiridos con anterioridade a 31 de decembro de 1994 (porcentaxes redutoras ou de abatemento)
Normativa: disposición transitoria novena Lei IRPF
Unha vez determinada a ganancia patrimonial obtida, aplicando as regras xerais comentadas no apartado anterior ou, se é o caso, algunha das normas especiais que se examinan no seguinte apartado, o seu importe pode ser obxecto de redución por aplicación das correspondentes porcentaxes redutoras ou de abatemento do réxime transitorio, sempre que o valor do conxunto das transmisións realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2015 con dereito á aplicación das porcentaxes non supere 400.000 euros.