Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

2.2. Regra especial: valores cotizados

Tratandose de valores admitidos a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, relativa aos mercados de instrumentos financeiros e de accións ou participacións en institucións de investimento colectivo, ao existir unha cotización oficial, estímase que o valor a 19 de xaneiro de 2006 coincide coa súa valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005.

Teñase en conta que a Directiva 2004/39/CE foi derrogada con efectos do 3 de xaneiro de 2017 pola Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros. Esta, no seu artigo 94, dispón que as referencias á Directiva 2004/39/CE entenderanse feitas á Directiva 2014/65/UE.

En definitiva, nestes supostos a determinación da ganancia patrimonial xerada con anterioridade e con posterioridade a 20 de xaneiro de 2006 efectúase tomando en consideración os seguintes valores:

  1. Valor de adquisición  dos valores, accións ou participacións  (VAI).

  2. Valor que corresponda  aos citados valores, accións ou participacións para os efectos do   Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005 (VP).

    Tratandose de accións e participacións en institucións de investimento colectivo, a valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005 realízase polo valor liquidativo das mesmas a 31 de decembro de 2005.

    Para o resto de accións e participacións admitidas a negociación, a valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio 2005 realízase polo valor de negociación media dos devanditos valores no cuarto trimestre de 2005. Esta valoración recóllese na Orde EHA/492/2006, do 17 de febreiro (BOE do 27 de febreiro).

  3. Valor de transmisión dos valores, accións ou participacións (VT).

    De acordo con estes valores, o cálculo da xeración da ganancia patrimonial efectúase tal e como se indica no esquema seguinte:

    SITUACIÓN 1

    O Valor de Transmisión é igual ou superior ao Valor Patrimonio 2005

    (VT ≥ VP2005)

    SITUACIÓN 2

    O Valor de Transmisión é menor que o Valor Patrimonio 2005

    (VT < VP2005)

    O Valor de Adquisición é inferior  ao Valor Patrimonio 2005

    (VAI < VP2005)

    Parte reducible da ganancia patrimonial:

    (+)  Valor Patrimonio 2005

    (–) Valor de Adquisición

    = Ganancia patrimonial xerada antes do 20-01-2006

    A totalidade da ganancia patrimonial é reducible:

    (+)  Valor de Transmisión

    (–) Valor de Adquisición

    = Ganancia patrimonial xerada antes do 20-01-2006



    Parte non reducible da ganancia patrimonial:

    (+)  Valor de Transmisión

    (–) Valor Patrimonio 2005

    = Ganancia patrimonial xerada a partir do 20-01-2006

    O Valor de Adquisición é superior ou igual  ao Valor Patrimonio 2005

    (VAI ≥ VP2005)

    Ningunha parte da ganancia patrimonial é reducible:

    (+)  Valor de Transmisión

    (–) Valor de Adquisición

    = Ganancia patrimonial xerada a partir do 20-01-2006