C. Deducción por produción de determinados espectáculos en vivo (art. 36.3 LIS)
Beneficiarios da dedución
Normativa: véxase tamén o art. 39.7 LIS
-
Produtores: os contribuíntes que realicen a produción e exhibición de determinados espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais.
-
Financiadores: desde o 1 de xaneiro de 2021, permítese que poidan aplicar esta dedución, nas mesmas condicións que os produtores que xeran o dereito á mesma, os empresarios ou profesionais, que participen no financiamento da produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais cando se dean as seguintes circunstancias:
-
Acheguen cantidades en concepto de financiamento, para sufragar a totalidade ou parte dos custos directos de carácter artístico e técnico da produción así como os gastos de publicidade e promoción a cargo do produtor ata o límite do 30 por 100 dos custos de produción.
Momento en que debe achegarse o financiamento:
-
As cantidades destinadas a financiar custos de produción poderán achegarse en calquera fase da produción, con carácter previo ou posterior ao momento en que o produtor incorra nos citados custos de produción ata a obtención do certificado a que se refire a letra a) do apartado 3 do artigo 36 da LIS.
-
As cantidades destinadas a financiar gastos para obtención de copias, publicidade e promoción a cargo do produtor poderán achegarse con carácter previo ou posterior ao momento en que o produtor incorra nos citados gastos, pero nunca despois do período impositivo en que o produtor incorra nos mesmos.
-
-
Non adquiran dereitos de propiedade intelectual ou doutra índole respecto dos resultados da produción, cuxa propiedade deberá ser en todo caso do produtor.
-
Non estean vinculados, no sentido do artigo 18 da LIS, co contribuínte que xere o dereito á dedución (o produtor).
-
Importante : o produtor e os contribuíntes que participen no financiamento (financiadores) da produción deberán subscribir un ou máis contratos de financiamento, que poderán asinarse en calquera fase da produción, cumprindo que ambos os dous comuniquen á Administración tributaria con anterioridade á finalización do período impositivo en que este último (produtor) teña dereito a aplicar a dedución esta circunstancia, achegando tanto o contrato de financiamento subscrito como as certificacións do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 36.3 para a aplicación da dedución.
Para realizar esta comunicación regulada en art. 39.7 LIS creouse a xestión "Presentación de comunicación regulada no art. 39.7 LIS” na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Porcentaxe de dedución
Os gastos realizados na produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais terán unha dedución do 20 por 100.
Base de dedución
A base da dedución estará constituída polos custos directos de carácter artístico, técnico e promocional incorrido nas referidas actividades.
Esta base desta dedución minorarase no importe das subvencións recibidas para financiar os gastos que xeren o dereito á mesma.
Importe máximo da dedución
-
Para o produtor: a dedución xerada en cada período impositivo non poderá superar o importe de 500.000 euros por contribuínte.
-
Para o financiador: aínda que pode determinar o importe da dedución nas mesmas condicións que se aplicasen ao produtor, sempre que fosen xeradas por este último, o importe máximo da mesma será o resultado de multiplicar por 1,20 o importe das cantidades que achegase para financiar os custos de produción e os gastos de publicidade e promoción a cargo do produtor.
O exceso de dedución poderá ser aplicado polo produtor que xerase o dereito á mesma.
Lembre: no caso do financiador , poderá aplicar a dedución prevista no apartado 1 do artigo 36 da LIS cando achegue cantidades destinadas a financiar a totalidade ou parte dos custos de produción, así como os gastos para a obtención de copias, publicidade e promoción a cargo do produtor ata o límite do 30 por 100 dos custos de produción.
En resumo:
Porcentaxe de dedución | Importe máximo | Base de dedución | ||
---|---|---|---|---|
20% |
500.000 € por cada produción realizada No caso do financiador , co límites anteriores, o importe máximo será o resultado de multiplicar por 1,20 o importe das cantidades que achegase para financiar os custos da produción, así como os gastos de publicidade e promoción a cargo do produtor. |
(+) Custos directos de carácter artístico, técnico e promocional incorrido. No caso do financiador , os custos de produccón e os gastos directamente relacionados coa publicidade e promoción das referidas actuacións a cargo do produtor ata o límite do 30 %dos custos de produción. (-) Importe das subvencións recibidas para financiar os gastos que xeran dereito a dedución |
Requisitos
Os requisitos necesarios para a aplicación da dedución son:
-
Que o contribuínte obtivese un certificado para ese fin, nos termos que se establezan por orde ministerial, do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música.
Véxase ao respecto a Orde ECD/2836/2015, do 18 de decembro, pola que se regula o procedemento para a obtención do certificado do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, previsto na LIS.
-
Que, dos beneficios obtidos no desenvolvemento destas actividades no exercicio en que se xere o dereito á dedución, o contribuínte destine polo menos o 50 por 100 á realización de actividades que dan dereito á aplicación da dedución prevista neste apartado.
Enténdese por beneficio obtido, obxecto de reinvestimento, os derivados dos ingresos directamente relacionados coa produción e exhibición do espectáculo en vivo (vendas de entradas, excluídos as vendas de bebidas, produtos de merchandising, etc.).
-
O prazo para o cumprimento desta obriga será o comprendido entre o inicio do exercicio en que se obtivesen os referidos beneficios e os 4 anos seguintes ao peche do devandito exercicio.
Límite
O importe da dedución, canda as subvencións percibidas polo contribuínte, non poderá superar o 80 por 100 dos devanditos gastos.
Período impositivo en que se aplica a dedución
A dedución non poderá aplicarse ata que obteña o certificado do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música que se esixe.
Unha vez obtido aplicarase a dedución polos gastos que realice en cada período impositivo na produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais.
Atención: a aplicación da dedución polo contribuínte que participa no financiamento será incompatible, total ou parcialmente, coa dedución á que tería dereito o produtor.