f) Pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e anualidades por alimentos
Considéranse rendementos do traballo as pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e as anualidades por alimentos, exceptuadas as percibidas dos pais en virtude de decisión xudicial que se declaran exentas.
Teñase en conta que as anualidades percibidas dos pais que se declaran exentas no artigo 7.k) da Lei do IRPF comprenden tanto as fixadas en virtude do convenio regulador a que se refire o artigo 90 do Código Civil ou do convenio equivalente previsto nos ordenamentos das Comunidades Autónomas, aprobado pola autoridade xudicial ou formalizada ante o letrado ou a letrada da Administración de Xustiza ou en escritura pública ante Notario, como as percibidas por decisión xudicial en supostos distintos aos do convenio.
Ambas as dúas reducen a base impoñible de quen satísfaias.
As reducións na base impoñible por pensións compensatorias e anualidades por alimentos coméntanse no capítulo 13 deste Manual.