Prazos de expedición e envío das facturas
O seguinte cadro permite observar os distintos prazos de expedición e envío das facturas, en función da condición do destinatario ou da natureza das operacións:
Condición destinatario / Natureza operación | Prazo de expedición | Prazo de envío |
---|---|---|
Destinatario non empresario nin profesional | Ao realizar a operación | No momento da súa expedición |
Destinatario empresario ou profesional | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación |
Facturas recapitulativas destinadas a non empresarios nin profesionais | O último día do mes natural no que se efectuasen as operacións que se documentan | No momento da súa expedición |
Facturas recapitulativas destinadas a empresarios ou profesionais | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación |
Facturas de entregas intracomunitarias de bens exentas | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se inicie a expedición ou o transporte dos bens con destino ao adquirente | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se inicie a expedición ou o transporte dos bens con destino ao adquirente |
Facturas rectificadoras | Tan pronto como o obrigado a expedila teña constancia das circunstancias que obrigan á súa expedición | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se tivese expedido a factura |
Para estes efectos, as operacións enténdense realizadas cando se produza a devindicación do IVA.
No caso das operacións en réxime especial do criterio de caixa, estas entenderanse realizadas para estes efectos, no momento en que se tivese producido a devindicación do IVA se non lles tivese sido de aplicación o devandito réxime especial.Polo tanto, o prazo para a expedición das facturas correspondentes a estas operacións réxese polos prazos xerais.