Ferramentas de asistencia virtual no IVA
A web da AEAT dispón dun «Asistente virtual de IVA (AVIVA)» para resolver as dúbidas formuladas en relación con este Imposto.
A utilización desta ferramenta é moi sinxela:o contribuínte unicamente ha de formular a súa pregunta na caixa correspondente e manter unha conversación co Asistente.En caso de dispoñer de Cl@ve ou certificado dixital, poderá descargarse a resposta obtida en formato PDF.
O asistente virtual de IVA conta con ferramentas complementarias de asistencia virtual de IVA para analizar determinadas cuestións que revisten dunha maior complexidade (Localizador, Calificador inmobiliario, Calculadora de prazos para modificación de BI e outras rectificacións, Calculadora de pro ratas e Calculadora de sectores diferenciados).Ademais, engádese un «Asistente virtual específico sobre o SII» e a «Calculadora de prazos do SII».
En caso de necesitar máis información, o contribuínte pode contactar a través do chat cun especialista en IVA da Administración Dixital Integral (ADI) en horario de 9:00 a 19:00 h de luns a venres, ou remitir unha solicitude de información tributaria a través da ferramenta INFORMA+ para obter unha resposta por escrito personalizada.