Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Que é o IVA?

O IVA é un imposto de natureza indirecta porque recae sobre unha manifestación indirecta da capacidade económica, concretamente, o consumo de bens e servizos.

Este imposto grava tres clases de operacións distintas, a saber:

  1. Entregas de bens e prestacións de servizos realizadas por empresarios e profesionais no desenvolvemento da súa actividade.

  2. Adquisicións intracomunitarias de bens realizados por empresarios, profesionais ou persoas xurídicas que non actúan como empresarios ou profesionais, aínda que en ocasións poden ser realizadas por particulares (por exemplo, adquisición intracomunitaria de medios de transporte novos).

  3. Importacións de bens, calquera que sexa quen as realice, xa sexa empresario, profesional ou particular.