Venda ao empresario habilitado para adquirir os bens en virtude do acordo
Cando no prazo dos doce meses seguintes á chegada dos bens ao Estado membro de destino no marco dun acordo de venda de bens en consigna, o empresario ou profesional mencionado na letra c) do apartado anterior «B) Concepto de acordo de venda de bens en consigna» (destinatario inicial a partir deste momento), adquira o poder de disposición dos bens, entenderase que no territorio de aplicación do Imposto se realiza, unha entrega de bens á que resultará aplicable a exención prevista no artigo 25 da LIVA.
No caso de bens transferidos dende outro Estado membro ao territorio de aplicación do Imposto no marco dun acordo de venda de bens en consigna, cando, no prazo dos doce meses seguintes á chegada dos bens ao devandito territorio no marco dun acordo de venda de bens en consigna, o empresario ou profesional mencionado na letra c) do apartado anterior «B) Concepto de acordo de venda de bens en consigna», adquira o poder de disposición dos bens, entenderase que no territorio de aplicación do Imposto se realiza unha adquisición intracomunitaria de bens.