Procedemento
As deducións antes do inicio efectivo das entregas de bens e prestacións de servizos practicaranse aplicando provisionalmente ás cotas soportadas a porcentaxe de dedución que propoña o suxeito pasivo á Administración, salvo que esta fixe un diferente.
A solicitude de porcentaxe provisional de dedución debe efectuarse ao tempo de presentar a declaración censal de comezo de actividade, non sendo necesaria a devandita solicitude cando todas as operacións que se vaian realizar xeren o dereito a deducir o IVA soportado.
A solicitude preséntase ante o órgano competente da Axencia Tributaria e enténdese concedida transcorrido un mes (contado dende que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación) sen que se notificase resolución.