Rectificación de deducións
Os casos de rectificación de deducións son:
Incorrecta determinación das deducións.
Rectificación de cotas repercutidas por:
- Determinación incorrecta.
- Modificación da base impoñible.
Se a rectificación implica un incremento de cotas, pode efectuarse na autoliquidación do período en que o suxeito pasivo reciba a factura rectificadora ou nas declaracións seguintes, sempre que non transcorresen catro anos dende a devindicación do imposto ou dende que se producisen as circunstancias determinantes da modificación da base impoñible.
Se a rectificación non ten causa na modificación da base impoñible, non poderá efectuarse despois dun ano dende a expedición da factura rectificadora.
Se a rectificación implica unha minoración de cotas, é obrigatoria e debe efectuarse:
Se é por erro fundado de dereito ou modificación da base impoñible: na autoliquidación do período en que se tivese recibido a factura rectificadora.
No suposto de concurso ou se a operación gravada queda sen efecto como consecuencia do exercicio dunha acción de reintegración concursal ou outras de impugnación exercitadas no seo do concurso, se o comprador ou adquirente inicial está tamén en concurso: na autoliquidación do período en que se exerceu o dereito á dedución das cotas soportadas, sen que proceda aplicar recargas nin xuros de mora.
Se é por outra causa: debe presentar autoliquidación rectificadora aplicándose a recarga e os xuros de mora que procedan, segundo o artigo 27 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
A Axencia Tributaria incorporou á súa páxina web unha «Calculadora de prazos modificación BI e outras rectificacións», onde pode consultarse a data límite para modificar o IVA soportado deducido cando se produzan as circunstancias previstas no artigo 80 da LIVA ou un erro.Tamén facilita o período e exercicio do modelo 303 onde realizar o correspondente axuste:https://sede.agenciatributaria.gob.es/wlpl/AVAC-CALC/CalculadoraMBIServlet
Cotas repercutidas | Procedemento de rectificación | Cotas deducidas |
---|---|---|
Tipo de variación | Tipo de variación | |
Aumento |
|
Diminución |
Diminución |
|
Aumento |