Requisitos
É un réxime obrigatorio para as axencias de viaxes e para os organizadores de circuítos turísticos que actúen en nome propio respecto do viaxeiro, cando na realización da viaxe utilicen bens e servizos prestados por outros empresarios e profesionais.
Os servizos de hospedaxe ou transporte prestados conxuntamente ou por separado e, no seu caso, con outros de carácter accesorio ou complementario destes.
O réxime aplícase tamén ás viaxes para estudos no estranxeiro (Consulta DGT V3335-16).
O réxime non se aplica á venda de viaxes que se leven a cabo exclusivamente con medios de transporte ou de hostalaría propios.Se se realizan viaxes utilizando en parte medios propios e en parte alleas, só se aplicará este réxime respecto dos servizos prestados con medios alleos.