Funcionamento
-
Polas vendas dos seus produtos, así como polas entregas de bens de investimento que non sexan inmobles utilizados exclusivamente nas actividades incluídas no réxime especial, os suxeitos pasivos non teñen obriga de repercutir, liquidar nin ingresar o imposto.
Exceptúanse as seguintes operacións:
- As importacións de bens.
- As adquisicións intracomunitarias de bens.
- As operacións en que se produza o investimento do suxeito pasivo.
Por exemplo, nas entregas suxeitas e non exentas de bens inmobles deben repercutir o IVE e ingresaro utilizando o modelo 309. Igual situación própónse en caso de renuncia á exención (sempre que non se produza o investimento do suxeito pasivo).
-
Na adquisición ou importación de bens ou servizos destinados á actividade incluída no réxime especial, non poden deducir o IVE soportado.
-
Cando venden os produtos das súas explotacións ou prestan servizos accesorios, teñen dereito a percibir unha compensación a prezo fixado polo IVE soportado.
Se se produce a venda de bens de investimento como maquinaria, non poden repercutir o imposto, pero tampouco teñen dereito a obter a compensación porque non é un produto da súa explotación nin un servizo accesorio.
Exemplo:
Un agricultor que tributando polo réxime especial da agricultura, gandaría e pesca do IVE vende un tractor da súa propiedade.
A entrega de maquinaria agrícola (tractor) realizada no desenvolvemento da súa actividade empresarial está suxeita ao IVE. Non obstante, ao aplicar o REAGP non está obrigado a efectuar a liquidación nin o pagamento do IVE pola entrega do tractor usado, nin poderá repercutir o Imposto ao adquirente do mesmo. (Consulta DGT V0814-15).