Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Causas determinantes da perda do dereito ao réxime especial

O réxime especial do grupo de entidades deixarase de aplicar polas seguintes causas:

  1. A concorrencia de calquera das circunstancias que determinan a aplicación do método de estimación indirecta.

  2. O incumprimento da obriga de confección e conservación do sistema de información específico deste réxime.

O cesamento na aplicación do réxime especial do grupo de entidades motivado polas causas mencionadas anteriormente producirá efectos no período de liquidación en que concorra algunha destas circunstancias e nos seguintes, debendo o total das entidades integrantes do grupo cumprir o conxunto das obrigas xerais establecidas na normativa do imposto a partir do devandito período.

No suposto de que unha entidade pertencente ao grupo se encontrase ao termo de calquera período de liquidación en situación de concurso ou en proceso de liquidación, quedará excluída do réxime especial do grupo dende o devandito período.