Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2021.

Comezo ou cesamento de actividades no réxime especial

Neste apartado distinguimos entre:

  1. Comezo: deben liquidar e ingresar a cantidade resultante de aplicar os tipos e recarga vixente na data de inicio ao valor de adquisición das existencias, IVE excluído.

    Non se aplica se as existencias se adquiriron a un comerciante sometido ao réxime especial por transmisión non suxeita do patrimonio empresarial.

  2. Cesamento por perda da condición de retallista: pode deducir a cota resultante de aplicar os tipos e recargas vixentes na data de cesamento ao valor de adquisición das existencias, IVE e recargas excluídas.

  3. Cesamento por transmisión non suxeita do patrimonio empresarial a comerciantes non sometidos a este réxime: o adquirente pode deducir a cota resultante de aplicar os tipos vixentes o día da transmisión ao valor de mercado das existencias.

Nestes casos, os suxeitos pasivos deben facer inventarios das súas existencias comerciais con referencia ao día anterior ao de inicio ou cesamento. A presentación deste inventario debe realizarse no prazo de 15 días desde o inicio ou cesamento e pode presentarse na Delegación ou Administración da AEAT do domicilio fiscal ou por vía electrónica a través do procedemento habilitado na Sede electrónica para a presentación do inventario de existencias por inicio ou cesamento de actividade suxeita a réximes especiais do IVE.

Os ingresos ou deducións deben efectuarse nas autoliquidacións do período de liquidación en que se producise o inicio ou cesamento na aplicación do réxime.