Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Introdución

As ideas básicas deste réxime son as seguintes:

  1. Incompatibilidade do réxime simplificado con calquera outro réxime do Imposto sobre o Valor Engadido. Soamente existe compatibilidade cos réximes especiais da agricultura, gandería e pesca, co da recarga de equivalencia e con determinadas actividades fixadas regulamentariamente.

  2. Coordinación plena entre o réxime simplificado e o réxime de estimación obxectiva no IRPF, de tal maneira que todas as actividades acollidas ao réxime simplificado do IVA determinarán o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva.

  3. Coordinación co réxime especial da agricultura, gandería e pesca: a renuncia ao réxime simplificado supón para o empresario ou profesional a exclusión do réxime especial da agricultura, gandería e pesca se exerce algunha actividade acollida a este réxime.Así mesmo, se un empresario ou profesional renuncia ao réxime especial da agricultura, gandería e pesca, quedará excluído do réxime simplificado como consecuencia de realizar algunha actividade en réxime xeral.