Contido
As operacións deberán consignarse na declaración recapitulativa correspondente ao período de declaración no que se devindicasen.
No suposto de envíos de bens no marco dun acordo de vendas de bens en consigna a información consignarase na declaración recapitulativa correspondente:
Ao período de declaración relativo á data da expedición ou transporte dos bens.
Ao período de declaración no que se anotasen no libro rexistro de determinadas operacións intarcomunitarias os datos identificativos do empresario ou profesional que substitúe o empresario ou profesional ao que inicialmente foron destinados os bens no marco dun acordo de vendas de bens en consigna.
As rectificacións anotaranse na declaración recapitulativa do período de declaración no que fose notificada ao destinatario dos bens ou servizos.
Cada tipo de operación incluirase no modelo 349 de acordo coas seguintes claves:
Clave «A»: consígnase esta clave para declarar as adquisicións intracomunitarias de bens efectuadas polo suxeito pasivo declarante, incluídas as transferencias de bens dende outro Estado membro.
Clave «E»: consígnase esta clave para declarar as entregas intracomunitarias de bens efectuadas polo suxeito pasivo declarante, incluídas as transferencias de bens a outro Estado membro.
Clave «T»: consígnase esta clave para declarar entregas noutro Estado membro subseguintes a adquisicións intracomunitarias exentas, efectuadas no marco dunha operación triangular.
Clave «S»: consígnase esta clave para declarar prestacións intracomunitarias de servizos realizadas polo declarante.
Clave «I»: consígnase esta clave para declarar adquisicións intracomunitarias de servizos localizadas no territorio de aplicación do imposto, prestados por empresarios ou profesionais establecidos noutro Estado membro cuxo destinatario é o declarante.
Clave «M»: consígnase esta clave para declarar entregas intracomunitarias de bens posteriores a unha importación exenta, de acordo co artigo 27.12º da Lei do Imposto sobre o Valor Engadido.
Clave «H»: consígnase esta clave para declarar entregas intracomunitarias de bens posteriores a unha importación exenta, de acordo co artigo 27.12º da Lei do Imposto sobre o Valor Engadido, efectuadas polo representante fiscal segundo o previsto no artigo 86.Tres da Lei do Imposto.
Clave «R»: Transferencias de bens efectuadas no marco de acordos de vendas de bens en consigna.
Clave «D»: Devolucións de bens dende outro Estado membro ao que previamente foron enviados dende o TAI no marco de acordos de vendas de bens en consigna.
Clave «C»: Substitucións do empresario ou profesional destinatario dos bens expedidos ou transportados a outro Estado membro no marco de acordos de vendas de bens en consigna.
Se nun mesmo período se realizaron varias operacións cun mesmo operador intracomunitario, estas deberán acumularse por clave de operación.
Operacións que deben declararse:
Adquisicións intracomunitarias de bens suxeitas ao imposto, incluídas as transferencias de bens dende outro Estado membro (clave «A»).
Non deben declararse as adquisicións intracomunitarias exentas por operación triangular.
Para o conxunto de adquisicións realizadas a cada suxeito pasivo identificado noutro Estado membro, farase un único apuntamento no que se recolla a identificación deste e a base impoñible total.
Entregas intracomunitarias exentas, incluídas as transferencias de bens (clave «E»).
Non se inclúen:
Entregas de medios de transporte novos por suxeitos pasivos ocasionais.
Cando o destinatario non teña atribuído NIF-IVA noutro Estado membro.
Para o conxunto de entregas realizadas cun mesmo destinatario identificado noutro Estado membro, farase un único apuntamento en que se recolla a identificación deste e a base impoñible total.
Entregas realizadas noutro Estado membro da Comunidade Europea distinto de España, subseguintes a adquisicións intracomunitarias exentas efectuadas no marco dunha operación triangular (clave «T»).
Para o conxunto de operacións deste tipo, realizadas no mesmo período e co mesmo operador intracomunitario, farase un só apuntamento no que se recolla a identificación do devandito operador e a base impoñible total.
Prestacións intracomunitarias de servizos realizadas polo declarante (clave «S»).
Para o conxunto de operacións deste tipo, realizadas no mesmo período e co mesmo operador intracomunitario, farase un só apuntamento no que se recolla a identificación do devandito operador e a base impoñible total.
As adquisicións intracomunitarias de servizos cuxo destinatario sexa o declarante (clave «I»).
Para o conxunto de operacións deste tipo, realizadas no mesmo período e co mesmo operador intracomunitario, farase un só apuntamento no que se recolla a identificación do devandito operador e a base impoñible total.
Entregas comunitarias de bens posteriores a unha importación exenta (clave «M»).
Para o conxunto de operacións deste tipo, realizadas no mesmo período e co mesmo operador intracomunitario, farase un só apuntamento no que se recolla a identificación do devandito operador e a base impoñible total.
Entregas intracomunitarias de bens posteriores a unha importación exenta (artigo 27.12º LIVA), efectuadas por representante fiscal (clave «H»).
Para o conxunto de operacións deste tipo, realizadas no mesmo período e co mesmo operador intracomunitario, farase un só apuntamento no que se recolla a identificación do devandito operador e a base impoñible total.
As transferencias de bens efectuadas no marco de acordos de vendas de bens en consigna (clave «R»).
As devolucións de bens dende outro Estado membro ao que previamente foron enviados dende o TAI no marco de acordos de vendas de bens en consigna (clave «D»).
As substitucións do empresario ou profesional destinatario dos bens expedidos ou transportados a outro Estado membro no marco de acordos de vendas de bens en consigna (clave «C»).
Se a contraprestación das operacións se fixou nunha unidade de conta distinta do euro, a base impoñible debe reflectirse en euros, con referencia á data da devindicación.
Nos casos de transferencias de bens debe consignarse o número de identificación asignado ao suxeito pasivo no outro Estado membro.