Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

A declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias.Modelo 349

A correcta aplicación da tributación no IVA das operacións intracomunitarias require a existencia dun adecuado intercambio de información entre os Estados membros da Comunidade Europea.Para os empresarios e profesionais españois implica a presentación da declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias.

O modelo que ha de utilizarse para estes efectos é o modelo 349, aprobado pola Orde EHA/769/2010, do 18 de marzo, publicada no BOE do 29 de marzo de 2010.

Decláranse entregas e adquisicións de bens e prestacións de servizos, así como as transferencias de bens expedidos ou transportados dende o territorio de aplicación do Imposto con destino a outro Estado membro no marco de acordos de vendas de bens en consigna.

Debe presentala todo empresario ou profesional que realice entregas ou adquisicións intracomunitarias de bens e servizos ou transferencias de bens membro no marco de acordos de vendas de bens en consigna, calquera que sexa o seu réxime de tributación para os efectos do IVA.No suposto de realizar operacións reguladas no artÍculo 27.12º da Lei do IVA por medio dun representante fiscal, será este último o obrigado a presentar o modelo 349 por realizar a entrega intracomunitaria de bens exenta.

A declaración non se presentará nos períodos nos que non se tivesen realizado estas operacións.

Os empresarios que efectúen transferencias de bens con destino a outro estado membro no marco de acordos de venda de bens en consigna, deberán declarar estas transferencias no modelo 349 utilizando para iso as seguintes claves:

Clave «R»: Transferencias de bens efectuadas no marco de acordos de vendas de bens en consigna.

Clave «D»: Devolucións de bens dende outro Estado membro ao que previamente foron enviados dende o TAI no marco de acordos de vendas de bens en consigna.

Clave «C»: Substitucións do empresario ou profesional destinatario dos bens expedidos ou transportados a outro Estado membro no marco de acordos de vendas de bens en consigna.