Operacións asimiladas ás adquisicións intracomunitarias de bens a título oneroso
Considéranse como tales as seguintes operacións:
-
O envío de bens sen transmisión (é dicir, cando o transmitente e o adquirente son a mesma persoa) desde outro Estado membro ao territorio de aplicación do imposto.
Exceptúanse as operacións excluídas do concepto de transferencia de bens como operación asimilada a entrega de bens.
Exemplo:
Un empresario francés envía mercadorías desde Francia a un almacén da súa propiedade situada na Península ou Illas Baleares para a súa posterior distribución en España. A operación considérase adquisición intracomunitaria.
-
A afectación realizada polas forzas dun Estado parte do Tratado do Atlántico Norte ou de calquera Estado membro da UE (neste último caso desde o 1 de xullo de 2022) para o seu uso ou o do elemento civil, de bens non adquiridos nas condicións normais de tributación do imposto na Comunidade, cando a súa importación non pode beneficiarse da exención prevista no artigo 62 da Lei do IVE.
-
Calquera adquisición resultante dunha operación que se se efectuase no interior do país por un empresario ou profesional sería cualificada como entrega de bens para os efectos do imposto.
Exemplo:
-
A venda de mercadorías realizada por un empresario francés a un empresario español con condición suspensiva cando as mercadorías son remitidas a España, considérase operación asimilada a adquisición intracomunitaria de bens.
-
Está suxeita en España a adquisición de bens por parte dun comisionista español en virtude dun contrato de comisión de venda a un comitente francés en caso de mediación por conta propia nunha operación de venda de mercadorías en que existe transporte de Francia a España.
-