Transcurso do prazo de doce meses sen que o destinatario inicial ou o substituto adquira os bens
Cando no prazo dos doce meses seguintes á chegada dos bens ao Estado membro de destino no marco dun acordo de venda de bens en consigna, os bens non sexan adquiridos polo destinatario inicial ou polo substituto, nin fosen devoltos ao territorio de aplicación do Imposto, producirase unha operación asimilada a unha entrega de bens a título oneroso no territorio de aplicación do Imposto.
Desde outra óptica, no caso de bens transferidos desde outro Estado membro ao territorio de aplicación do Imposto no marco dun acordo de venda de bens en consigna, cando no prazo dos doce meses seguintes á chegada dos bens ao devandito territorio no marco dun acordo de venda de bens en consigna, non sexan adquiridos polo destinatario inicial ou polo substituto, nin fosen devoltos ao devandito Estado membro, producirase unha adquisición intracomunitaria de bens no territorio de aplicación do Imposto.