Vendas intracomunitarias a distancia a particulares ou consumidores finais
Con carácter xeral, as vendas intracomunitarias a distancia a particulares ou consumidores finais tributarán no Estado membro en que se encontre o cliente (particular ou consumidor final).
Non obstante, cando se realicen por empresarios establecidos nun único Estado membro, as vendas a distancia tributarán:
-
No Estado membro de destino, se no ano anterior o importe das vendas intracomunitarias a distancia e das prestacións de servizos de telecomunicacións, televisión, radiodifusión e vía electrónica a consumidores finais establecidos noutros Estados membros excedese de 10.000 euros.
-
Se no ano anterior o importe das vendas intracomunitarias a distancia e das prestacións de servizos de telecomunicacións, televisión, radiodifusión e vía electrónica a consumidores finais establecidos noutros Estados membros non excedese de 10.000 euros e NON se exerceu a opción pola tributación en destino, tributarán en orixe ata 10.000 euros e en destino unha vez superados.
-
Se no ano anterior o importe das vendas intracomunitarias a distancia e das prestacións de servizos de telecomunicacións, televisión, radiodifusión e vía electrónica a consumidores finais establecidos noutros Estados membros non excedese de 10.000 euros, pero o empresario exercese a opción prevista no artigo 73 da LIVE, tributarán en destino.
Para ingresar o IVE correspondente ás vendas intracomunitarias a distancia, o empresario poderá:
-
Acollerse ao réxime da unión do denominado portelo único, que permite, mediante unha única autoliquidación presentada ante o Estado membro de identificación, ingresar o IVE reportado pola totalidade das vendas intracomunitarias realizadas.
-
Presentar unha autoliquidación en cada un dos Estados membros en que deba o IVE polas vendas intracomunitarias a distancia.