Empresarios ou profesionais aos que se aplica
-
A quen non veñan desenvolvendo actividades empresariais ou profesionais e adquiran a condición de empresarios ou profesionais por adquirir bens ou servizos coa intención de destinaros á realización de actividades empresariais e profesionais.
Con esta finalidade, cómpre que o interesado poida acreditar os elementos obxectivos que confirmen que tiña tal intención no momento en que efectuou a adquisición ou importación dos bens ou servizos. A Administración tributaria pódelle esixir a devandita acreditación.
O interesado poderá efectuar a devandita acreditación por calquera dos medios de proba admitida en dereito. En particular, poderá ter en conta as seguintes circunstancias:
-
A natureza dos bens e servizos adquiridos ou importados, que deberá estar en consonancia coa índole da actividade que se ten intención de desenvolver.
-
O período transcorrido entre a adquisición ou importación dos devanditos bens e servizos e a utilización efectiva dos mesmos na actividade.
-
O cumprimento das obrigas formais, rexistrais e contables esixidas aos empresarios ou profesionais.
-
Dispor de, ou solicitar, as autorizacións, permisos ou licenzas necesarias para o desenvolvemento da actividade.
-
Presentar declaracións tributarias correspondentes á actividade.
Se o adquirente ou importador dos bens ou servizos non pode achegar a acreditación a que se refiren os parágrafos anteriores, considerarase que non tiña a condición de empresario ou profesional no momento da devandita adquisición ou importación, e non caberá a dedución das cotas do IVE soportado. Isto é así incluso no caso de que, nun momento posterior á adquisición ou importación dos bens ou servizos, o interesado decida destinaros ao exercicio dunha actividade empresarial ou profesional.
-
-
A quen sexan xa empresarios ou profesionais por realizar actividades empresariais ou profesionais e inicien unha actividade que constitúa un sector diferenciado.