Conversión a euros de importes expresados en pesetas
Nos casos en que deban incluírse na declaración do Imposto sobre Sociedades importes monetarios que, por haberse xerado en períodos anteriores a 2002, veñan expresados en pesetas (deducións pendentes de aplicación, bases impoñibles negativas pendentes de compensar...), deberá facerse constar estes importes en euros, expresados con dous decimais, aplicando a regra de conversión que se expón a continuación:
1. Regra de conversión
Para efectuar a conversión de pesetas a euros debe dividirse o importe monetario en pesetas entre 166,386 (tipo de conversión irrevogable). A cantidade resultante debe redondearse, por exceso ou por defecto, ao céntimo máis próximo. En caso de obterse unha cantidade cuxa última cifra sexa exactamente a metade dun céntimo, o arredondamento efectuarase ao céntimo superior.
2. Regra práctica de arredondamento
Unha vez efectuada a división do importe en pesetas entre o tipo de conversión, se o terceiro decimal da cantidade obtida é o número 5 ou un número superior, tomarase como segundo decimal o inmediato superior. Pola contra, se o terceiro decimal é o número 4 ou un número inferior, o segundo decimal da cantidade obtida non se modificará.
Exemplos:
-
Importe a converter: 1.270.000 pesetas.
1º) División entre o tipo de conversión: 1.270.000 ÷ 166,386 = 7.632,85372567
2º) Arredondamento ao céntimo máis próximo: 7.632,85 euros.
-
Importe a converter: 65.732 pesetas.
1º) División entre o tipo de conversión: 65.732 ÷ 166,386 = 395,05727645
2º) Arredondamento ao céntimo máis próximo: 395,06 euros.
-
Importe a converter: 506.766 pesetas.
1º) División entre o tipo de conversión: 506.766 ÷ 166,386 = 3.045,72500090
2º) Arredondamento ao céntimo máis próximo: 3.045,73 euros.