Axustes derivados da aplicacion do réxime especial (páxina 13 do modelo 200)
As entidades que se acollesen ao réxime fiscal especial das entidades navieiras en función da tonelaxe que se regula no Capítulo XVI do Título VII da LIS, calcularán a parte de base impoñible que corresponda á explotación, titularidade e, se é o caso, xestión técnica e de tripulación, dos buques incluídos no réxime, mediante a aplicación das normas contidas no artigo 114 da LIS . Estas normas supoñen, en síntese, a aplicación dunha escala ao número de toneladas de rexistro neto de cada un dos buques, que substituirá ao resultado de explotación destes buques. Polo tanto, cumprirá axustar o resultado da conta de perdas e ganancias para eliminar do mesmo, a parte que se derive das actividades acollidas ao réxime especial.
Con esta finalidade, estas entidades deberán realizar os seguintes axustes nos recadros [00397] e [00398] «Réxime das entidades navieiras en función da tonelaxe (Capítulo XVI do Título VII LIS)» da páxina 13 do modelo 200:
-
Se a parte do resultado da conta de perdas e ganancias que se deriva das actividades acollidas ao réxime especial é negativa, consignásese o seu importe no recadro [00397] de aumentos.
-
Se pola contra é positiva, deberase consignar no recadro [00398] de diminucións.