Determinación da cota íntegra (páxina 14 do modelo 200)
No segundo parágrafo do artigo 30 da LIS establécese que no caso das entidades de reducida dimensión que apliquen a reserva de nivelamento nos termos do artigo 105 da LIS , a cota íntegra virá determinada polo resultado de aplicar o tipo de gravame á base impoñible minorada ou incrementada, segundo corresponda, polas cantidades derivadas do citado artigo 105.
Polo tanto, estas entidades deberán consignar no recadro [00562] «Cota íntegra» da páxina 14 do modelo 200, o resultado de aplicar ao recadro [01330] «Base impoñible despois da reserva de nivelamento», o tipo de gravame do recadro [00558] «Tipo de gravame »:
[00562] = [01330] x [00558] / 100
No suposto de que estas entidades incumpran os requisitos esixidos no artigo 105 da LIS para a aplicación da reserva de nivelamento, deberán consignar no recadro [01038] «Incremento por incumprimento da reserva de nivelacion» da páxina 14 do modelo 200, o importe correspondente á integración na cota íntegra do período impositivo en que teña lugar o devandito incumprimento a cota íntegra correspondente ás cantidades que foron obxecto de minoración, incrementadas nun 5 por cento, ademais dos xuros de mora, segundo o que se dispón no artigo 105.6 da LIS .
Lembre:
Nos casos en que estas entidades incumpran os requisitos esixidos polo artigo 105 da LIS para a aplicación dos incentivos fiscais das entidades de reducida dimensión distintos á reserva de nivelamento, deberán proceder a ingressar a cota íntegra e os xuros de mora correspondentes, consignando os devanditos importes nos recadros [00615] e [00616] «Incremento por perda de beneficios fiscais períodos anteriores» e nos recadros [00617] e [00618] «Xuros de mora »da páxina 14 bis do modelo 200 (consulte capítulo 6 deste Manual).