Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2020.

Cálculo

A cota diferencial obterase minorando a cota do exercicio a ingresar ou devolver (recadros [0599] e [00600] da páxina 14 bis do modelo 200) polo importe dos pagamentos fraccionados do período impositivo obxecto de declaración realizada pola entidade declarante ante cada Administración (recadros [00601] a [00606] da páxina 14 bis do modelo 200).

Con esta finalidade, o contribuínte que tribute exclusivamente á Administración do Estado, deberá reflectir no recadro [00611] «Cota diferencial (Estado)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte operación:  

[00611] = [00599] - ([00601] + [00603] + [00605])

No caso de que o contribuínte tribute ante unha ou varias das Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral Navarra, deberá reflectir no recadro [00612] «Cota diferencial D. Forais/Navarra (totais)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte operación:

[00612] = [00600] - ([00602] + [00604] + [00606])