Cálculo
A cota do exercicio a ingresar ou a devolver óbténse aplicando sobre a cota líquida do imposto (recadro [00592] da páxina 14 do modelo 200), os importes correspondentes ás retencións e ingresos a conta practicados ao contribuínte no período impositivo obxecto de declaración (recadros [01785] a [01799] da páxina 14 bis do modelo 200):
-
Se o contribuínte tributa exclusivamente á Administración do Estado , deberá reflectir no recadro [00599] «Cota do exercicio ingresar ou a devolver (Estado)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte operación:
[00059] = ([00625]/100]) x ([00592] - Retencións do exercicio (recadros [01785] a [01799]))
-
No caso de que o contribuínte tribute ante unha ou varias das Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral Navarra, deberá reflectir no recadro [00600] «Cota do exercicio ingresar ou a devolver D. Forais/Navarra (totais)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte operación:
[00600] = ([00626] + [00627] + [00628] + [00629]/100) x ([00592] - Retencións do exercicio (recadros [01785] a [01799]))
Tanto o recadro [00625] como os recadros [00626] a [00629] cubriranse na páxina 26 do modelo 200.