Base da dedución
O artigo 18 da Lei 49/2002 establece que a base das deducións por donativos, doazóns e achegas realizadas en favor de calquera das entidades mencionadas anteriormente será:
-
Nos donativos monetarios, o seu importe.
-
Nos donativos ou doazóns de bens ou dereitos, o valor contable que tivesen no momento da transmisión e, no seu defecto, o valor determinado conforme ás normas do Imposto sobre o Patrimonio.
-
Na constitución dun dereito real de usufruto sobre bens inmobles, o importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración do usufruto, o 2 por cento ao valor catastral, determinandose proporcionalmente ao número de días que corresponda en cada período impositivo.
-
Na constitución dun dereito real de usufruto sobre valores, o importe anual dos dividendos ou intereses percibidos polo usufrutuario en cada un dos períodos impositivos de duración do usufruto.
-
Na constitución dun dereito real de usufruto sobre outros bens e dereitos, o importe anual resultante de aplicar o xuro legal do diñeiro de cada exercicio ao valor do usufruto determinado no momento da súa constitución conforme ás normas do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
-
Nos donativos ou doazóns de obras de arte de calidade garantida e dos bens que formen parte do Patrimonio Histórico Español a que se refire o artigo 17 da Lei 49/2002, a valoración efectuada pola Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación. No caso dos bens culturais que non formen parte do Patrimonio Histórico Español, a Xunta valorará, así mesmo, a suficiencia da calidade da obra.
O valor determinade ou de acordo coas regras expresadas terá como límite máximo o valor normal no mercado do ben ou dereito transmitido no momento da súa transmisión.