Flexibilización do uso do Fondo de Educación e Promoción das cooperativas
O Real Decreto-lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, establece no seu artigo 13 unha medida extraordinaria para flexibilizar de forma temporal o uso do Fondo de Educación e Promoción das Cooperativas coa finalidade de paliar os efectos do COVID-19.
Con esta finalidade, permítese que durante a vixencia do estado de alarma declarada polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e as súas posibles prórrogas e ata o 31 de decembro de 2020, o Fondo de Educación e Promoción das cooperativas regulado no artigo 56 da Lei 27/1999, do 16 de xullo, de Cooperativas, poida destinarse a calquera actividade que contribúa a frear ou paliar os efectos da crise sanitaria derivada do COVID-19 , mediante accións propias, doazóns a outras entidades públicas ou privadas ou a dotar de liquidez á cooperativa para garantir a continuidade do seu funcionamento. Así mesmo, a estes exclusivos efectos, non será de aplicación o que se dispón nos artigos 13.3 e 19.4 da Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas.
O artigo 12 do Real decreto-lei 8/2021, do 4 de maio, derroga, con efectos desde o 9 de maio de 2021, o art. 13 do Real decreto-lei 15/2020, do 21 de abril, para prorrogar con certas modificacións nos requisitos e ata o 31 de decembro de 2021, a flexibilización temporal do uso do Fondo de educación e promoción das cooperativas coa finalidade de paliar os efectos do COVID-19 .
Pode consultar as particularidades do Fondo de Educación e Promoción das cooperativas no Capítulo 11 deste Manual Práctico.