Réxime fiscal das Canarias
-
Na disposición final primeira do Real Decreto-lei 34/2020, do 17 de novembro, de medidas urxentes de apoio á solvencia empresarial e ao sector enerxético, e en materia tributaria, modifícase o ámbito temporal contido no artigo 27.11 relativo aos investimentos anticipados e no artigo 29.2 que regula a autorización da inscrición no Rexistro oficial de Entidades da Zona Especial Canaria (ZEC) da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias, establecendose como data límite o 31 de decembro de 2021.
-
A disposición final segunda do Real Decreto-lei 39/2020, do 29 de decembro, de medidas financeiras de apoio social e económico e de cumprimento da execución de sentenzas, introduce unha nova disposición transitoria oitava na Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias, para ampliar os prazos vinculados á Reserva para Investimentos nas Canarias, nos termos que se indican a continuación.
O prazo máximo de tres anos ao que se refire o artigo 27.4 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, será de catro anos para as cantidades destinadas á reserva para investimentos nas Canarias dotada, nos termos sinalados na súa normativa reguladora, con beneficios obtidos en períodos impositivos iniciados no ano 2016.
Ademais, o prazo a que fai referencia o parágrafo primeiro do artigo 27.11 da Lei 19/1994, do 6 de xullo, será de catro anos para os investimentos anticipados materializadas en 2017.
-
A disposición final terceira do Real Decreto-lei 12/2021, do 24 de xuño, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da fiscalidade enerxética e en materia de xeración de enerxía, e sobre xestión do canon de regulación e da tarifa de utilización da auga, con efectos para os períodos impositivos que se inicien durante o ano 2020, modifica a disposición adicional décimo cuarta da Lei 19/1994, do 6 de xullo, para actualizar o límite da dedución por investimentos en producións cinematográficas realizadas nas Canarias, que pasa de 5,4 a 12,4 millóns de euros.
Ademais, a devandita disposición final terceira modifica o terceiro parágrafo da disposición adicional décimo cuarta da Lei 19/1994, do 6 de xullo, para adaptara á nova redacción do artigo 36.2 da LIS, establecendo que en relación ao importe mínimo de gasto que fixa o artigo 36.2 da LIS , os gastos realizados nas Canarias de animación dunha produción estranxeira deberán ser superiores a 200.000 euros. No referente á execución de servizos de efectos visuais, será de aplicación o que se dispón na letra b) do artigo 36.2 da LIS .
Pode consultar todas as particularidades do Réxime Fiscal das Canarias no Capítulo 12 deste Manual práctico.