Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Capítulo 11.Réxime fiscal das cooperativas

As sociedades cooperativas que apliquen o réxime fiscal regulado na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas, deberán ter en conta ademais dos aspectos xerais da normativa do Imposto sobre Sociedades (recollidos no Capítulo 5 e no Capítulo 6 deste Manual relativos á liquidación do Imposto), as regras especiais previstas na devandita Lei 20/1990.

A ter en conta:

As normas do Capítulo IV do Título II («Regras especiais aplicables no Imposto sobre Sociedades») e do Título III («Dos socios e asociados das cooperativas») da Lei 20/1990, do 19 de decembro, son de aplicación a todas as cooperativas regularmente constituídas e inscritas no Rexistro de Cooperativas, aínda no caso de que incorran nalgunha das causas de perda da condición de cooperativa fiscalmente protexida.