Diminucións (axustes negativos)
Consignaranse nos recadros [C8] e [E8] os axustes derivados da diferenza de criterios de valoración correspondente a un e outro tipo de resultados, que impliquen unha diminución do resultado consignado nos recadros [C6] e [E6].
En particular, en aplicación do que se dispón no artigo 36 da Lei 20/1990, as unións, federacións e confederacións de cooperativas deberán incluír nos recadros [C8] e [E8] como axustes negativos, as correccións derivadas da aplicación da exención no Imposto sobre Sociedades nos termos establecidos no Capítulo XIV do Título VII da LIS que regula o réxime das entidades parcialmente exentas.