Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Minoración por dotación obrigatoria ao fondo de reserva obrigatorio (art. 16.5 Lei 20/1990)

O artigo 58.1 da Lei 27/1999 establece que, dos excedentes contabilizados para a determinación do resultado cooperativo, unha vez deducidas as perdas de calquera natureza de exercicios anteriores e antes da consideración do Imposto sobre Sociedades, destinarase ao Fondo de Reserva obrigatorio, polo menos, o 20 por cento.

O artigo 58.2 da Lei 27/1999 establece que dos beneficios extracooperativos e extraordinarios, unha vez deducidas as perdas de calquera natureza de exercicios anteriores e antes da consideración do Imposto sobre Sociedades, destinarase ao Fondo de Reserva obrigatorio, polo menos un 50 por cento.

Para os efectos da liquidación, segundo o disposto no artigo 16.5 da Lei 20/1990, para obter a base impoñible correspondente a un e outro tipo de resultados que ha de ser sometida a gravame, minorarase no 50 por cento da parte dos mesmos que se destine, obrigatoriamente, ao Fondo de Reserva Obrigatorio.

Polo tanto, contablemente a dotación obrigatoria legal ao Fondo de Reserva Obrigatorio do 20 por cento, deberá realizarse tomando como base os excedentes contabilizados do resultado cooperativo, unha vez deducidas as perdas de exercicios anteriores e antes de considerar o Imposto sobre Sociedades.Para os resultados extracooperativos deberá realizarse da mesma forma, pero tendo en conta que a dotación obrigatoria legal a este Fondo obrigatorio é do 50 por cento.

Fiscalmente, as sociedades cooperativas terán que minorar a base impoñible correspondente ao resultado cooperativo e ao resultado extracooperativo no 50 por cento da parte dos mesmos que se destinase obrigatoriamente ao Fondo de Reserva Obrigatorio (é dicir, o 20 por cento no caso dos resultados cooperativos e o 50 por cento, no dos extracooperativos).

Esta minoración deberá realizarse mediante axustes extracontable negativos, consignando na casa [C9], o 50 por cento da parte dos resultados cooperativos que, obrigatoriamente, se destine ao Fondo de Reserva Obrigatorio.De igual modo procederase coa casa [E9] correspondente aos resultados extracooperativos.

A ter en conta:

As casas [C9] e [E9] teñen correlación coa casa [00400] «Cooperativas:Fondo de reserva obrigatorio (Lei 20/1990)» da páxina 13 do modelo 200, de modo que a suma dos importes consignados nas casas [C9] e [E9] se trasladarán á casa [00400].