Recadro 00016 Opción artigo 46.2 LIS
Marcarán este recadro os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades que sexan socios ou membros dunha entidade sometida ao réxime tributario especial das agrupacións de interese económico, españolas ou europeas (AIE), ou das unións temporais de empresas (UTE) regulado no Capítulo II do Título VII da LIS, para manifestar a opción, na primeira declaración que deba producir efecto, de realizar a imputación á que se refire o artigo 46.2 da LIS , na mesma data de finalización do período impositivo da entidade participada sometida a este réxime especial.
Esta opción deberá manterse durante tres anos.
Pode consultar as particularidades do réxime tributario especial das agrupacións de interese económico e das unións temporais de empresas no Capítulo 9 deste Manual práctico.